Chantada acolleu a gravación do programa “Acó, Aló e Acolá”

Manuel Manquiña e Víctor Fábregas no Café Cantón onde se realizou o faladoiro con veciñas como Araceli e Laura, que aparecen na foto xunto á concelleira Belen Vazquez Caseiro. Fotos GPCH.

Este martes, 12 de novembro, o programa “Acó, Aló e Acolá” gravouse en Chantada. Este novo espazo, conducido polos cómicos Manuel Manquiña e Víctor Fábregas, viaxa por 13 concellos galegos tratando temas de actualidade e interese a través do humor.
Na xornada de Chantada, os protagonistas abordaron o cambio climático e a viticultura rexenerativa. A gravación comezou ás 9:30h na Praza de Santa Ana, con varias actividades programadas. Ás 11:00h, no Bar Cantón, realizou unha tertulia aberta, na que participaron catro veciños. Ás 13:00h, os presentadores ofreceron un monólogo ao público sobre os temas tratados.
A tarde completouse cunha entrevista ao enxeñeiro medio ambiental Antonio Roade en Belesar e cunha actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Tradicional na Casa da Música. O Concello de Chantada será o escenario do último episodio desta nova proposta de TVG.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novas actividades para maiores en Chantada

Seguinte Nova

Mel de Galicia: o tesouro doce que preserva a tradición apícola e lidera a calidade galega

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss