Clausúrase a séptima edición do obradoiro Ricra de Pantón, O Saviñao e Sober

Formou a 20 desempregados en especialidades con alta demanda laboral. A nova edición dará comezo en decembro, con novas especialidades e un investimento de 943.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, durante a clausura da sétima edición do obradoiro de emprego Ricra, xunto cos alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez, e O Saviñao, Carlos Armesto, e o concelleiro de Sober Iván Armesto. Foto GPXG

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, clausurou a sétima edición do obradoiro de emprego Ricra, no que participaron 20 persoas desempregadas das comarcas de Pantón, O Saviñao e Sober. A súa clausura contou tamén coas intervencións dos alcaldes dos concellos implicados, José Luis Álvarez (Pantón), Carlos Armesto (O Saviñao) e Iván Armesto (Sober), entre outros representantes municipais.
O obradoiro foi financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cun investimento total de 943.000 euros para as dúas edicións. Durante esta séptima edición, as especialidades formativas foron Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, para 13 alumnos, e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, para sete participantes. Ao longo do programa, os alumnos recibiron formación teórica e práctica, realizando traballos en colaboración cos concellos na mellora de servizos e espazos públicos.

ACTUACIÓNS REALIZADAS
Entre as actuacións realizadas, destacaron a mellora de rutas de sendeirismo, camiños e áreas recreativas nos tres municipios. Así, en Pantón traballaron na ruta dos Fidalgos, a de Cibrisqueiros a San Cosmede, e a de Xan de Arteiro.
No Saviñao, os traballos incluíron o mantemento do campo da festa de Currelos e os accesos ao campo de fútbol de Escairón. En Sober, as intervencións centráronse en máis de dez miradoiros, 22 igrexas e cemiterios, e a ruta dos muíños dos Chancís.
Javier Arias anunciou que a nova edición do obradoiro, que comezará a principios de decembro, manterá a especialidade de Repoboacións forestais e tratamento silvícolas, e incorporará novas especialidades como Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble.
Arias subliñou a importancia dos obradoiros de emprego como ferramentas clave para a reciclaxe profesional en sectores con elevada demanda de traballadores, e como un apoio esencial para os servizos municipais. “Este labor contribúe directamente ao benestar da veciñanza, mellorando infraestruturas e dotacións públicas”, destacou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Pleno extraordinario da Pobra do Brollón despide a Manuel González Moreira

Seguinte Nova

Finalizan o sondaxe e acondicionamento no xacemento do Preguntoiro

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss