A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas iniciou o pasado martes 12 de novembro as obras de rehabilitación do firme na estrada LU-933, no concello de Monforte. A actuación, cun orzamento próximo aos 52.000 euros, mellorará 1.000 metros lineais de calzada entre os puntos quilométricos 0 e 1+090, tramo que coincide coas rúas Chantada e Avenida Galicia.
As melloras consistirán no fresado localizado do pavimento actual e a súa reposición con formigón bituminoso nas zonas con roturas, fisuras ou deformacións debidas a asentamentos. A intervención tamén incluirá a sinalización horizontal completa do tramo.
Durante os traballos, habilitaranse carrís alternativos e desvíos, cando sexa necesario, para minimizar as molestias ao tráfico. O obxectivo é mellorar a seguridade e a comodidade de rodadura dos usuarios desta vía. Dende a Consellería sinalana que seguen traballando na mellora das estradas autonómicas para ter vías máis seguras.•