O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais e Benestar, iniciou esta semana unha nova campaña de actividades dirixidas aos maiores do municipio. A oferta abarca cursos de ximnasia que se imparten en 13 parroquias, cunha frecuencia de dúas sesións por semana, de luns a venres. As parroquias que participan son Muradelle, Argozón, Laxe, Merlán, Requeixo, San Cristovo, Viana, Veiga, Mariz, Brigos, Nogueira e Sabadelle. Estas actividades teñen como obxectivo mellorar a mobilidade e a saúde física dos participantes.
Na anterior edición, 200 persoas participaron nestes cursos, e desde o Concello informan que as parroquias que desexen solicitar estas actividades poden facelo nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 982 462 299, sempre que dispoñan dun espazo adecuado, como unha casa escola ou un local social, e xunten un mínimo de seis persoas por parroquia.
Ademais, a veciñanza da vila pode acceder ao Programa de Pintura, que se desenvolve nas instalacións dos servizos sociais do Edificio Multiusos. As clases de pintura en óleo celebraranse os mércores de 16:30h a 19:00h, mentres que as de pintura en tela terán lugar os venres na mesma franja horaria. Este programa está pensada para mellorar o benestar dos maiores e potenciar a súa creatividade, a socialización e a autoestima.
Ata o momento, 60 persoas participaran no Programa de Pintura, que se prolongará ata xuño de 2024. As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais.•