O Concello de Bóveda recibe unha axuda para mellorar o viveiro de empresas do polígono

Vanse levar a cabo traballos de climatización, eficiencia enerxética e melloras tecnolóxicas e de infraestruturas. Foto GPCB

O Concello de Bóveda vén de recibir unha axuda da Xunta para mellorar as instalacións do novo viveiro de empresas situado no polígono empresarial da localidade. A subvención, que ascende a 51.607 euros, financiará o 80% do custo das obras, mentres que o 20% restante será asumido polo propio Concello. O viveiro foi creado para fomentar a creación de novas empresas, ofrecendo espazos adaptados ás necesidades iniciais dos emprendedores.
Coa axuda, prevese mellorar a eficiencia enerxética do edificio, coa instalación dun illamento térmico no falso teito da zona administrativa. Tamén se mellorarán os servizos aos usuarios e dotarase o viveiro de sistemas de climatización enerxéticamente eficientes. Ademais, instalarase un novo sistema de proxector e pantalla eléctrica para optimizar o uso das instalacións. Segundo o alcalde, José Manuel Arias, estas melloras permitirán un funcionamento máis eficiente e un menor consumo enerxético.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un miradoiro astronómico na Serra de Penas para a observación do firmamento

Seguinte Nova

A Xunta e o Concello de Bóveda estudan mellorar a contorna do río Mao

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss