O Concello de Quiroga xa ten aberto o prazo para solicitar as axudas anuais dirixidas a estudantes menores de 25 anos que cursan ensinanzas superiores fóra do municipio. Esta convocatoria contempla a subvención de gastos como matrícula educativa, compra de libros, alugueiro de vivenda ou transporte, sempre que figuren a nome do solicitante.
As solicitudes deben presentarse telematicamente a través da sede electrónica do Concello, acompañadas dunha fotocopia do DNI e do certificado de matrícula ou resgardo de pagamento. Este ano, o Concello destina 8.000 euros, milleiros máis que no 2023, e as contías a conceder dependerán do número de solicitudes recibidas. A axuda terá que xustificarse mediante facturas ou recibos. O prazo para solicitar a axuda rematará ao cabo de 20 días hábiles desde a apertura.•