O Goberno galego ofrece colaboración para recuperar o funcionamento do matadoiro municipal

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, abordou este asunto nunha reunión de traballo mantida co alcalde Claudio Garrido. Fotos GPXG.

A Xunta de Galicia reiterou o seu apoio ao matadoiro municipal de Sarria, consciente da importancia deste servizo para o sector agrogandeiro e a industria cárnica na comarca. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, mantiveron unha xuntanza de traballo na que tamén estivo presente Olga Iglesias, directora territorial da Consellería en Lugo.
Durante a reunión, a conselleira transmitiu ao rexedor a confianza do Goberno galego en que o equipo de goberno municipal resolverá os problemas de xestión que afectan ás instalacións, co obxectivo de recuperar a súa actividade normal e o uso público. Nesta liña, Gómez subliñou que o seu departamento é plenamente consciente da relevancia deste servizo para a cidadanía da bisbarra e é sensible ás demandas dos veciños, no sentido de recuperar o seu funcionamento normal. Engadiu que, en consecuencia, a Consellería está aberta a estudar posibles vías de cooperación neste asunto, sempre en beneficio dos veciños e do dinamismo económico de toda a contorna. Así, a conselleira ofreceu colaboración ao Concello sempre e cando este presente un proxecto económico sólido e viable para continuar coa actividade do matadoiro. Esta comarca, que conta cun número destacado de granxas de porcino e pequenos obradoiros cárnicos, ve no matadoiro un servizo clave para o sector.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria incorpora tres novos axentes á súa Policía Local

Seguinte Nova

O PP alerta da situación económica do Concello de Sarria

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss