O V Día da Bicicleta en Quiroga pecha cun éxito de participación e fin solidario

A inscrición tivo un coste de 2€ que se destinou a axudar ás vítimas da DANA en Valencia. Foto RTMQ.

O 11 de novembro, Quiroga acolleu a quinta edición do Día da Bicicleta cunha gran participación, que destacou polo seu carácter solidario.
Este ano, a inscrición, que sempre fora gratuíta, solicitaba unha achega de 2 euros, co fin de axudar ás vítimas da DANA de Valencia. O prazo para apuntarse estivo aberto até 15 minutos antes do inicio do evento, que tivo lugar na praza da rúa Lago.
Os participantes puideron escoller entre dous percorridos: un de 5 km e outro máis longo de 10 km. Ao rematar a actividade, realizouse un sorteo de material de ciclismo e dúas bicicletas entre os asistentes, como colofón a unha xornada de deporte e solidariedade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novas axudas para mellorar a competitividade e innovación do sector vitivinícola

Seguinte Nova

O concello de Quiroga abre o prazo para as axudas aos estudantes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss