O pasado mes de outubro o Concello de Sarria viviu un acto importante coa incorporación de tres novos axentes á súa Policía Local, despois de 17 anos sen incorporacións no corpo. Tras superar os procesos selectivos e completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade, os novos axentes están preparados para iniciar a súa actividade. Durante o acto de toma de posesión, o alcalde, Claudio Garrido, deulles a benvida e lles desexou unha longa e exitosa carreira como servidores públicos. Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade, Félix Seijas, tamén lles transmitiu os seus parabéns e desexoulles sorte no seu traballo, que é fundamental para garantir a seguridade tanto dos veciños como dos visitantes de Sarria.•