O Magosto Intercultural organizado pola Asociación Provivienda tivo lugar na Praza de España
O Concelleiro de Obras e Medio Ambiente, José Luis Losada, e as concelleiras de Cultura e Consumo, Marina Doutón e Regina López, asistiron ao Magosto Intercultural organizado pola Asociación Provivienda na Praza de España de Monforte de Lemos. O Magosto Intecultural, que contou coa colaboración do Concello, reuniu veciños e asociacións locais arredor dun reparto gratuíto de castañas, doces e chocolate quente. O Concello cedeu espazos e materiais para o desenvolvemento desta celebración solidaria, que se celebrou nun ambiente de convivencia e cultura compartida.•