Monforte acollerá o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt 2025

Foto GPCM

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a designación do campo do Club de Golf Río Cabe como sede do Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt 2025. O evento, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de outubro de 2025, contará coa participación de 16 seleccións autonómicas, que competirá polo título nacional. As seleccións de Castela e León, Galicia, Asturias, Baleares, Andalucía, Cantabria, Castela A Mancha, Navarra, Canarias, Aragón, A Rioxa, País Vasco, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia e Estremadura, participarán nun evento que reunirá a uns 100 xogadores, ademais de familiares e amigos.
José Tomé destacou que a cidade será, por segundo ano consecutivo, sede dunha competición de tan alto nivel, tras o éxito do Campionato de España masculino de Pitch & Putt que se celebrou en maio de 2024. O Alcalde tamén puxo en valor o traballo do Club de Golf Río Cabe, que foi clave para que Monforte lograse acoller eventos desta magnitude.
O campo, que recentemente pasou de 9 a 18 foxos, permitirá realizar unha competición de altísimo nivel.
Este campionato terá unha importante repercusión económica, non só polo número de deportistas, senón tamén polo incremento do turismo que traerá consigo. Monforte e a Ribeira Sacra se beneficiarán do impacto que xerará a chegada de xogadores e acompañantes. O Alcalde sinalou que, ademais do impacto económico, o evento será unha excelente oportunidade para promover a riqueza turística, patrimonial e gastronómica da comarca.
O presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, agradeceu o apoio do Concello e destacou a importancia de contar cun campo de golf de 18 foxos para acoller competicións de nivel nacional. Tamén anunciou que o Parador de Monforte de Lemos será o hotel de concentración para os participantes.
O evento contará cun programa de adestramentos e competicións durante o primeiro fin de semana de outubro, culminando cunha cerimonia de entrega de premios no campo de Río Cabe.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Intratábel a SD Sarriana

Seguinte Nova

Monforte súmase ao 25N Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.

Segue invicto o Ucoga CB Chantada

Despois da vitoria obtida polos de Fafián a pasada xornada ante Culleredo, xa soamente os chantadinos e Círculo Xixón Baloncesto mantéñense invictos
Ir aInicio

Don't Miss