Monforte súmase ao 25N Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero

Diversas iniciativas terán lugar desde ata o 29 de novembro en toda a provincia para sensibilizar á cidadanía e promover a loita contra a violencia machista

SSUCv3H4sIAAAAAAAEAJ2RQW7DIBBF95V6B4u1LRlDid2rRF0QGLujOCYCnCiKfPeCMRLr7vhv5sP84f35UVXkIh0q8l29owoa53l13kqPZgm4rQ8OGr2xKOcII9v2CnFe+tWBi1ccSEkPU+hN8PDnd85JV7mwF4MjlAipC+bWy84y2up/O9PhJ0eREyzqtQ9cBLEwg0xBzqmVXJ8e7K2M9kANptBy1WiKlA+j5BwNrLj5blHhMhU243/Bl

O Concello de Monforte, a través do Centro de Información á Muller, presentou o programa de actos con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, xunto coa Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, deron a coñecer as iniciativas organizadas para este mes, co obxectivo de sensibilizar á poboación e continuar avanzando na loita contra a violencia machista.
A campaña titulada “Monforte, En negro contra as Violencias” terá lugar desde até o 29 de novembro, e conta cunha variada programación de actividades, entre as que se inclúen charlas, obradoiros, representacións teatrais e unha campaña visual que invitará á cidadanía a implicarse nesta loita. Margarita López destacou a importancia de que todos os axentes sociais e económicos do municipio se sumen a esta conmemoración e se comprometán co rexeitamento da violencia de xénero. “A violencia machista non ten cabida na sociedade que aspiramos a ser, nin na democracia que queremos consolidar. Eliminala das nosas vidas e protexer ás vítimas non é unha opción, é unha obrigación”, afirmou.
A programación xa comezou o pasado xoves 7 de novembro cun obradoiro dirixido aos estudantes de 4º da ESO no Salón de Actos do Edificio Multiusos.
O día central da conmemoración, o 25 de novembro, a Praza do Concello acollerá os actos principais. Ás 12:00 horas, Margarita López lerá o manifesto institucional en defensa da erradicación da violencia de xénero. Á parte deste acto institucional, a tarde estará marcada pola representación de microteatro “O que pasa na lareira queda na lareira” a cargo da artista Merche Pérez, e o reparto de material de sensibilización entre o público asistente, co lema da campaña impreso. Durante toda a xornada tamén se instalarán pancartas e vinilos na cidade, entre os que se inclúe a campaña no Bus Urbano de Monforte.
En paralelo, a campaña “Mavi: A Maleta Viaxeira Contra a Violencia de Xénero”, levada á cidade pola Subdelegación de Goberno en Lugo, segue o seu percorrido polas bibliotecas, sendo Monforte unha das primeiras paradas. A maleta, que contén unha selección de libros escritos por mulleres, estará dispoñible na Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro, antes de continuar a súa viaxe polas bibliotecas dos institutos de secundaria de Monforte.
Ao longo de todo o mes tamén se desenvolverán varios obradoiros de sensibilización, como o Obradoiro de Prevención das Ciberviolencias de Xénero, dirixido ao alumnado de 6º de Primaria, para fomentar un uso responsable e seguro das redes sociais. As sesións serán impartidas pola educadora social Paula Santos e terán lugar nos centros educativos da cidade, como o CEIP Monforte, o Torre de Lemos, os Escolapios, o Ferroviario ou o CEE Infanta Elena.
Outro dos actos destacados será o Curso de Defensa Persoal Feminina, que se celebrará os días 21 e 26 de novembro. O curso, que xa se leva celebrando varios anos debido á súa boa acollida, ensinará ás participantes técnicas de defensa persoal, co obxectivo de empoderar ás mulleres na loita contra a violencia de xénero.
Por outra parte, a Deputación de Lugo tamén se sumará á conmemoración co programa Querémonos Vivas, Libres e Iguais, que terá lugar no Pazo de San Marcos o 22 de novembro. Neste evento, especialistas en igualdade e violencia de xénero tratarán temas como a educación sexual, a liberación do amor romántico e os riscos das novas tecnoloxías na xente nova. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, subliñou que este tipo de xornadas son fundamentais para fomentar unha sociedade nas que as futuras xeracións teñan unha visión clara da importancia de establecer relacións baseadas no respecto e na igualdade.
As actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero tamén chegarán aos Centros de Atención a Maiores da Deputación, onde se desenvolverán diversas actividades interxeracionais e performances, como Trapos sucios fora, que simboliza a liberación e o empoderamento feminino.
A través destas accións, o Concello de Monforte pretende afondar na sensibilización social e continuar na loita contra a violencia de xénero, apelando á implicación de toda a sociedade na erradicación deste problema. A Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, destacou que é fundamental a participación activa de todas as persoas, entidades e colectivos para loitar contra a violencia machista, un mal que afecta a toda a sociedade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acollerá o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt 2025

Seguinte Nova

Expectativas Lonxana

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss