A Xunta de Galicia investiu 200.000 euros en mellorar o pavillón municipal de Ribas de Sil, optimizando o seu illamento térmico, a eficiencia enerxética e a acústica. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado das obras, financiadas polo Fondo de Cooperación Local.
A intervención levada a cabo incluíu a substitución da cuberta por paneis tipo sandwich, o cambio á iluminación LED e a colocación de revestimentos illantes que melloran o confort térmico e acústico. Este pavillón, usado polo CEIP de San Clodio e para actividades culturais, forma parte dun complexo municipal que recibiu preto de 333.000 euros en axudas da Xunta de Galicia nos últimos dous anos.•