O Pazo de Tor acolleu unha actividade interxeracional na que se xuntaron os nenos e nenas do CEIP A Gándara e as persoas usuarias do centro de día de Monforte. Baixo o lema “Abrazando o bo trato”, fixeron unha visita guiada centrada nas pezas que amosan o impacto da desigualdade e a discriminación das mulleres.