O Concello de Bóveda acometerá melloras no pavillón polideportivo grazas a dúas subvencións da Xunta de Galicia, cun investimento total superior aos 90.000 euros. Unha axuda de 46.101 euros do Fondo de Cooperación Local permitirá renovar os lucernarios da cuberta para mellorar a envolvente térmica e reducir perdas de enerxía. Ademais, destinaranse 46.854 euros á reforma das instalacións, incluíndo a renovación de accesos, pavimentos, instalacións eléctricas e de auga quente. A Xunta aporta 40.000 euros en dúas anualidades, completando o financiamento o propio Concello.•