Chantada acolle o Programa Dixigalízate, que promove a formación en competencias dixitais

O Concello de Chantada pon en marcha, desde mediados de decembro deste ano, o Programa de Formación para a Dixitalización, «Dixigalízate», que terá continuidade ata novembro do vindeiro ano. Este programa, ten como obxectivo mellorar as competencias dixitais da cidadanía mediante formación gratuíta e homologada pola Xunta de Galicia. O «Dixigalízate» conta con tres niveis de formación –básico, intermedio e avanzado– e está estruturado en itinerarios que comprenden cinco módulos cada un. Ao finalizar a formación, os participantes recibirán un computador portátil como agasallo e obterán unha titulación oficial que os acredita como competentes no uso das tecnoloxías dixitais.
A formación no nivel básico, que se desenvolverá desde o 12 de decembro deste ano ata o 28 de febreiro do 2025, inclúe os seguintes módulos: busca e xestión de información dixital, creación de contidos dixitais, comunicación e cola oración con ferramentas dixitais, resolución de problemas no entorno dixital e seguridade e civismo no entorno dixital. Este nivel está pensado para aquelas persoas sen formación previa en competencias dixitais, permitindo que todos poidan comezar no itinerario básico, sen necesidade de ter estudos previos. Unha vez finalizado este nivel, os participantes terán acceso aos seguintes itinerarios de maior dificultade.
No nivel intermedio, que terá lugar do 4 de marzo ao 23 de maio do 2025, impartirase a mesma temática que no nivel básico, pero cunha profundización nos contidos, permitindo aos participantes mellorar as súas habilidades dixitais. Para poder acceder a este nivel intermedio, os participantes deberán ter como mínimo a ESO ou competencias clave de nivel 2. Finalmente, o nivel avanzado desenvolverase entre o 8 de setembro e o 14 de novembro do 2025, e incluirá os seguintes módulos máis especializados: análise de información dixital, creación de contidos dixitais e programación, comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, resolución de problemas no entorno dixital e seguridade e civismo no entorno dixital. Neste nivel, os interesados deben contar con estudos de Bacharelato ou competencias clave de nivel 3 para poder acceder directamente.
As clases terán lugar en horario de 16:00h a 21:00h nas instalacións da aula CEMIT no telecentro de Chantada. Para participar, é necesario estar desempregado ou, no caso de estar traballando, estar rexistrado como mellora de emprego. O programa está aberto a todas as persoas que cumpran os requisitos de acceso a cada nivel de formación. As persoas interesadas poden inscribirse e obter máis información nos Servizos Sociais de Chantada, no correo gestion1@beproject.es ou no teléfono 698 197 518. A formación é totalmente gratuíta, e a inscrición está aberta a todos os veciños de Chantada que queiran mellorar as súas competencias dixitais e prepararse para os retos do futuro.
Este proxecto ten como finalidade fomentar a inclusión dixital e a adaptación das persoas ao entorno tecnolóxico actual, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e a súa capacidade para xestionar as novas ferramentas que facilitan a vida diaria e laboral. O programa Dixigalízate é, así, unha oportunidade para todos aqueles que desexen mellorar os seus coñecementos no ámbito dixital e avanzar na súa formación profesional.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentación das melloras no saneamento e na EDAR de Sarria

Seguinte Nova

O concello de Chantada concede axudas á natalidade para favorecer o asentamento de familias

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss