A bodega Don Bernardino, un referente na viticultura heroica da D.O. Ribeira Sacra, estivo presente recentemente na Taste Spain Seúl 2024, un evento promovido por ICEX España Exportación e Inversiones, xunto á Oficina Económica e Comercial de España en Corea do Sur. A súa participación, dentro dunha delegación galega estimada nun volume de negocio de 6 millóns de euros, foi organizada por Ares 22 e contou tamén con empresas destacadas como Grupo Cuevas e Conservas Friscos.
Na feira, Don Bernardino presentou os seus viños de finca: Vacamulo, Finca Mezquita, 4ª Xeración e Melanio. Estes viños, elaborados con uvas 100% Amandi, proviñen dunha das subzonas máis recoñecidas da Ribeira Sacra, na que os viñedos, situados nas empinadas pendentes do río Sil, destacan polos seus solos graníticos e de pizarra. A calidade destes viños foi resaltada polos importadores e distribuidores presentes no evento, que os valoraron como os mellores do certame.
Segundo Diego Rodríguez, responsable de Don Bernardino, a participación na Taste Spain foi un paso clave para abrir novos mercados, destacando a importancia de representar os viños de Amandi nun evento internacional. Actualmente, a exportación representa o 30% da facturación da bodega, que continúa así a súa expansión en Asia.
Para Don Bernardino poder presentarnos en Corea do Sur supón un importante paso para seguir abrindo novos mercados. Presentámonos en Corea do Sur cos nosos viños máis especiais e vimos moi satisfeitos porque importadores e distribuidores destacaron a súa calidade e os definiron como os mellores viños do evento. O feedback foi bo, ademais do valor comercial, agora debemos elixir o importador adecuado con traballos previos de mercado, que saiba xestionar a falta de stock, porque os nosos envíos xa están vendidos.•