O viño Guímaro Mencía Ribeira Sacra Finca Meixamen 2022 foi seleccionado como o mellor viño de España na lista anual do crítico internacional James Suckling, que reúnese os “Cien mellores viños españois”. A Ribeira Sacra destacou tamén con outros viños na lista, como o F. Algueira Ribeira Sacra Dolio 2020, que ocupou o posto número 6, e o Guímaro Ribeira Sacra Camiño Real 2022, que alcanzou o posto 31.
O Guímaro Mencía Ribeira Sacra Finca Meixamen 2022 foi eloxiado pola súa orixe en viñedos en terrazas situados ao longo dos ríos Sil, Miño e Cabe. Suckling subliñou que este viño reflicte o cambio en España cara produtos de localización específica, destacando a súa facilidade de consumo e a excepcional calidade da colleita de 2022. A plataforma James Suckling é un dos maiores referentes mundiais en crítica de viños, e as súas avaliacións teñen un grande seguimento entre profesionais e consumidores. O recoñecemento a Guímaro 2022 como mellor viño de España subliña o traballo das bodegas e do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, que segue loitando por mostrar ao mundo a calidade dos seus viños.
Ademais, outros viños da Ribeira Sacra lograron posicións destacadas nesta lista, que cada ano evalúa a calidade e singularidade dos viños de diferentes zonas de España. Así, F. Algueira Ribeira Sacra Dolio 2020 sitúase no posto número 6 da lista e Guímaro Ribeira Sacra Camiño Real 2022 no 31. Pedro Rodríguez, alma mater de Guímaro, adopta un enfoque burgundio na viticultura, centrado na elaboración de viños de finca, elaborados exclusivamente a partir da súa propiedade. Para Suckling, o que distingue esta comarca é que os antigos viñedos, principalmente plantados con mencía, teñen distintas proporcións de diferentes variedades en cada parcela, facendo que cada finca sexa única. Outro factor importante é o terreo ondulado do río, que crea exposicións diversas, influíndo notablemente no carácter do viño.
Sinala Suckling que moito antes de que comezara a embotellar as súas seleccións de finca, a familia de Pedro Rodoríguez reservaba uvas dunha parcela específica para o seu propio consumo, crendo que eran “mellores que as outras”. Hoxe en día, esa parcela específica embotéllase como Capeliños. O concepto de xerarquía no viñedo forma parte do tecido cultural da Ribeira Sacra desde hai moitas xeracións.•