Marián Martínez tomou posesión como nova concelleira

Martínez tomou posesión tras a xubilación de Manuel González Moreira e ocupará as áreas de Educación e Cultura. Foto GPCAPB.

O pasado martes 26 de novembro, o Concello da Pobra do Brollón celebrou un pleno extraordinario no que a nova concelleira Marián Martínez tomou posesión do seu cargo. Esta incorporación prodúcese tras a xubilación do ex-concelleiro Manuel González Moreira. Martínez, de 43 anos e administrativa de profesión, conta cunha ampla experiencia tanto no sector privado como no público, o que lle permite coñecer de primeira man o funcionamento das administracións.
A nova responsable das áreas de Educación e Cultura tamén destaca pola súa activa participación na vida comunitaria do municipio. Alumna da Escola Municipal de Música Samoeiro, seguidora do C.D. Brollón e implicada nas actividades culturais da Pobra, Martínez se compromete a traballar para mellorar a calidade de vida na vila. Durante a súa toma de posesión, agradeceu a confianza depositada en ela tanto polo equipo de goberno como pola veciñanza e subliñou a súa ilusión por asumir esta responsabilidade. O alcalde, Xosé Lois Maceda, destacou a importancia desta incorporación para a renovación da corporación municipal, resaltando que Marián Martínez representa unha nova xeración de persoas comprometidas co futuro do municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arranca a XV edición do Concurso de Tapas da Guimaralia

Seguinte Nova

Suspensión da atención ao público dos axentes ambientais

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss