O Alcalde de Monforte, José Tomé, que non se perde unha, estivo na inauguración de Gourmet Gallego, unha tenda que trae o mellor da nosa terra á cidade. Situada na Avenida de Galicia, tamén podes facer as túas compras desde a súa web. Tomé estivo acompañado de membros do goberno local e o propietario, Manuel Fernández. Un bo plan para turistas e veciños que queiran levar un trociño de Galicia a casa.