O Concello de Chantada impulsa, por primeira vez, un programa de axudas á natalidade co obxectivo de fixar poboación no municipio. Este ano, destínanse 60.000€ para conceder axudas de 800 euros por neno/a nacido/a ou adoptado/a entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Poderán acceder a estas axudas as familias empadroadas en Chantada que cumpran certos requisitos, como estar empadroadas no municipio cunha antelación mínima de 1 ano antes do nacemento ou adopción. Ademais, os solicitantes deben comprometerse a manter o empadroamento en Chantada durante catro anos despois do nacemento ou adopción do fillo/a.
O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destacou que estas axudas se suman aos servizos que favorecen a conciliación e melloran a calidade de vida das familias no municipio. O prazo para solicitar as axudas será de catro meses desde o nacemento ou adopción, e as solicitudes presentaranse no rexistro Xeral do Concello.•