O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares apoia a renovación das bibliotecas de centros educativos de Monforte e Pantón

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. Foto GPXG.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou o Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte de Lemos, un dos 107 centros que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) no curso 2024/2025. Este plan ten como obxectivo mellorar a calidade do ensino e a atención á diversidade mediante o apoio ás bibliotecas escolares, facendo delas espazos dinámicos e innovadores para fomentar a lectura e ampliar as oportunidades de aprendizaxe.
Neste ano, catro novos centros na provincia de Lugo, entre os que se atopa o CEE Infanta Elena, recibirán formación específica e apoio técnico para a modernización das súas bibliotecas. Ademais, os 103 centros que renovan a súa participación tamén contarán con axudas para ampliar os seus fondos bibliográficos, mellorar os seus equipamentos e modernizar o mobiliario. No caso do centro monfortino, a Xunta destinou 10.000 euros desde 2022 para mellorar as súas instalacións.
O CEE Infanta Elena renovou a súa biblioteca escolar con novo mobiliario e integrouse ao programa de Clubs de Lectura para fomentar os hábitos lectores entre o alumnado. Durante a visita, Fernández destacou a importancia destas accións para mellorar a atención á diversidade, asegurando que “a lectura é unha ferramenta fundamental para a transformación educativa”. Ademais, o Plan tamén beneficia a centros de Pantón, como a Biblioteca do CEIP Plurilingüe Monte Baliño, que tamén participa nesta iniciativa. Dende a Xunta de Galicia detacan que continúan a traballar coa idea de apoiar as bibliotecas escolares, promovendo a súa renovación e dinamización para seguir mellorando o desenvolvemento académico e persoal do alumnado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xornada micolóxica en Pantón: coñecendo os cogomelos

Seguinte Nova

Quiroga conmemora o 25N cun acto de repulsa contra a violencia machista

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss