Presentación das melloras no saneamento e na EDAR de Sarria

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido durante a presentación dos traballos na EDAR. Foto GPCS.

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, presentou os traballos realizados no proxecto de mellora do saneamento e da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Entre as actuacións destacan a construción dun novo colector-interceptor que conecta o centro urbano coa EDAR, un pozo de desbaste con bombeo e alivio para caudais en tempo húmido, e un novo emisario de alivio que despraza o punto de vertido a 200 metros augas abaixo.
Estas obras permiten cumprir coa Directiva 91/271/CEE, mellorar a calidade das augas e reducir malos olores, garantindo un tratamento eficaz das augas residuais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Helena Salgueiro Golán, gañadora do XXIV Premio Fiz Vergara Vilariño

Seguinte Nova

Chantada acolle o Programa Dixigalízate, que promove a formación en competencias dixitais

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss