Quiroga conmemora o 25N cun acto de repulsa contra a violencia machista

O alumnado, o equipo de goberno e a veciñanza alzaron a voz na concentración diante da casa consistorial. Foto RTMQ.

O pasado 25 de novembro, o Concello de Quiroga conmemorou o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cun acto diante da casa consistorial. A concentración, organizada polo Centro de Información á Muller, contou coa participación do equipo de goberno e alumnado dos centros educativos locais, que levaron pancartas de denuncia contra a violencia machista. A concelleira Maite Pérez Grao leu un manifesto baixo o balcón municipal, onde se exhibiu unha pancarta alusiva. Destacou a urxencia de alzar a voz contra todas as formas de violencia cara ás mulleres, incluíndo a violencia dixital. O alumnado do CEIP de Quiroga participou con mensaxes a favor da igualdade e contra a inxustiza da violencia machista.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares apoia a renovación das bibliotecas de centros educativos de Monforte e Pantón

Seguinte Nova

Reábrese unha ponte da LU-651 tras meses de traballos de mellora

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss