Reábrese unha ponte da LU-651 tras meses de traballos de mellora

Reábrese unha ponte da LU-651 tras meses de traballos de mellora

A ponte máis próxima a Seoane do Courel na estrada LU-651 reabriuse esta semana ao tráfico tras permanecer cortada desde agosto por traballos de ensanche da calzada. O corte fora necesario para garantir a seguridade mentres se executaba a nova estrutura no punto quilométrico 32+600. Esta apertura permite eliminar o desvío temporal habilitado. Os traballos continúan noutra ponte do trazado, onde a circulación está desviada por un tramo antigo, e na realización de movementos de terras na estrada. Esta actuación, cun investimento de 3,4 millóns de euros, forma parte da mellora integral da LU-651 entre Folgoso e Seoane, cun orzamento global de 9,6 millóns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga conmemora o 25N cun acto de repulsa contra a violencia machista

Seguinte Nova

O concello de Quiroga recibe un tractor para mellorar os camiños rurais

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss