O equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos anuncia a suspensión do servizo de atención ao público no Concello da Pobra do Brollón, que se ofrecía os mércores. A interrupción, que se mantén ata novo aviso, débese a motivos de carga de traballo. Para calquera consulta, os veciños poden contactar co teléfono da oficina central do distrito, 982 889 122.•