Solidariedade no Nadal: Festival solidario no IES Río Cabe

O vindeiro 13 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, o IES Río Cabe, en colaboración coas ANPAS do IES Río Cabe e do IES A Pinguela, organiza un festival solidario no pavillón do centro. O evento busca recoller xoguetes para as persoas afectadas pola Dana en Valencia, especialmente nenos e nenas con dificultades para recibir agasallos este Nadal.

A xornada contará con actuacións musicais, recitais poéticos e obradoiros para todas as idades. As entradas consistirán na entrega dun xoguete novo ou en bo estado, e poderán adquirirse entre o 9 e o 12 de decembro no propio instituto ou o mesmo día do evento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Presidente inaugura o aparcadoiro gratuíto do Fogar de Santa María con 164 prazas no centro de Lugo grazas á Deputación

Seguinte Nova

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss