A Casa da Cultura expón obras do Programa de Pintura

Máis de 60 persoas maiores participan nesta iniciativa social e creativa. Foto GPCCH.

Ata o 31 de decembro permanece aberta na Casa da Cultura de Chantada a exposición dos traballos realizados no Programa de Pintura promovido pola Concellería de Servizos Sociais. Este programa inclúe dous cursos: pintura en óleo, que se imparte os mércores, e pintura en tela, que se desenvolve os venres, ambos en horario de 16:30h a 19:00h no Edificio Multiusos.
Un total de 60 persoas maiores de 65 anos e xubiladas participan nesta iniciativa, que se prolonga durante o curso escolar ata xuño. Na exposición poden admirarse paisaxes, figuras e motivos pintados en elementos como camisetas, colchas ou coxíns.
A maioría das participantes son mulleres que destacan os beneficios da actividade, como a mellora da autoestima e o fomento de relacións sociais. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, anima a visitar a mostra e lembra que as inscricións no programa están abertas en Servizos Sociais.
A exposición pode visitarse de luns a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, e os sábados de 10:00h a 14:00h.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada promove actividades infantís para favorecer a conciliación no Nadal

Seguinte Nova

O túnel de Montefurado, exemplo da enxeñaría romana, protagoniza unha visita guiada

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss