A Deputación de Lugo aprobará as bases do Plan de Cooperación cos Concellos 2025

O programa contará con 22 millóns de euros para investimentos en 67 municipios da provincia

José Tomé Roca declarou que este mes debaterase sobre unha nova edición do Plan de Cooperación cos Concellos 2025 que lles transferirá máis do 20% dos Orzamentos provinciais, seguindo criterios obxectivos e cun respecto total á autonomía municipal. Foto GPDL.

O Pleno ordinario da Deputación de Lugo do vindeiro venres, 27 de decembro, debaterá e aprobará as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2025. O programa, impulsado polo Goberno provincial, incrementa o orzamento ata os 22 millóns de euros, que se repartirán entre as 67 entidades locais da provincia seguindo criterios públicos baseados na poboación, superficie, dispersión territorial e taxa de envellecemento.
Segundo explicou o presidente da Deputación, José Tomé Roca, o plan permitirá financiar actuacións en infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades culturais e eventos, así como melloras en administración electrónica. Estas medidas reflicten o compromiso de cooperación cos concellos, xa que o programa supón transferir máis do 20% do orzamento provincial.
Por quinto ano consecutivo, as bases do plan aprobaranse con antelación ao exercicio de vixencia, facilitando que os municipios poidan planificar mellor os seus proxectos e executar as obras no período de primavera-verán, máis axeitado polas condicións climáticas da provincia. As bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 7 de xaneiro, permitindo aos concellos presentar as súas solicitudes ata o 7 de febreiro.
Entre as achegas destacadas figuran os 600.000 euros asignados a Lugo, Monforte de Lemos e Vilalba, mentres que outros municipios como Sarria ou Viveiro recibirán 572.952 e 594.412 euros, respectivamente. Pequenos concellos como Negueira de Muñiz contarán con 194.491 euros, exemplificando o apoio ás zonas máis rurais e despoboadas.
O Plan Deputación mantén o seu obxectivo de maximizar os recursos para atender as necesidades veciñais, coa intención de favorecer a autonomía municipal e a correcta xestión dos investimentos.

CRÍTICAS DO PP
O Partido Popular acusou ao goberno provincial, formado por PSOE e BNG, de discriminar concellos gobernados pola súa formación no reparto de fondos da Deputación. Segundo Antonio Ameijide, “no que vai de 2024, PSOE e BNG asignaron 9 millóns de euros a través de convenios sen criterios obxectivos, beneficiando os seus afíns”.
O portavoz popular sinala que o 81% dos convenios aprobados foron para concellos socialistas, mentres que os populares quedaron excluídos. “Esta política sectaria fomenta desigualdades e prexudica a metade da provincia”, afirmou. Tamén lamentou que o executivo provincial agochase moitos destes acordos, o que atribúe á falta de transparencia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nadal Saviñao

Seguinte Nova

Presentación do Lugo Informe Anual 2024, o estudo sobre a realidade económica, laboral e social da provincia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss