A Ribeira Sacra no calendario 2025 de National Geographic Historia

A revista destaca o patrimonio, a arte e as paisaxes da comarca

A publicación inclúe unha selección de 26 fotografías que amosan a beleza natural e distintos edificios e elementos patrimoniais da oferta turística ourensá. Foto GPATG.

National Geographic Historia inclúe no seu calendario de 2025 un percorrido polo patrimonio artístico, arquitectónico e paisaxístico da provincia de Ourense. Turismo de Galicia colabora nesta iniciativa para promover os atractivos da rexión e reforzar a súa proxección internacional.
A portada do calendario, titulado Ourense. Patrimonio, Arte e Paisaxe, está dedicada ao claustro do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A publicación acompaña cada mes cunha fotografía principal e outra secundaria que destacan lugares emblemáticos, tradicións e elementos artísticos.

Xaneiro ábrese cunha imaxe do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, mentres que febreiro inclúe unha estampa da Ribeira Sacra e outra do Entroido. En marzo, o protagonista é o Castro de San Cibrao das Las, complementado cunha peza de cerámica. En abril e maio aparecen a Ponte e igrexa de Allariz e a xudería de Ribadavia, respectivamente.
Xuño reflicte o Cañón do Río Mao e os hórreos da Merca, mentres que xullo destaca o Mosteiro de Oseira. O mes de agosto céntrase na paisaxe do embalse do Lindoso, seguido en setembro pola igrexa de Santa María Madre e a fachada do Concello de Ourense.
Outubro fai unha homenaxe á cultura do viño co contorno dos ríos Cabe, Miño e Sil. En novembro, as imaxes escollidas son o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e Nosa Señora das Ermidas, no Bolo. Decembro pecha cunha fotografía da nave principal da Catedral de San Martín de Ourense, resaltando a maxestuosidade deste templo.
Este calendario acompaña o número de decembro da revista.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentación do Lugo Informe Anual 2024, o estudo sobre a realidade económica, laboral e social da provincia

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo reforzou o turismo sostible e a promoción do patrimonio en 2024

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss