O Concello de Sober, co apoio da Xunta, remodelará a Alameda da praza da vila, onde se instalará unha pérgola para mellorar a humanización do espazo e crear unha zona de refuxio no verán. Esta zona dotarase de bancos e habilitarase a instalación de iluminación pública mediante luminarias LED. Ademais disporanse arborado e plantas para embelecer esta contorna. A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinaron co alcalde, Luis Fernández, un convenio para a realización destas obras. O investimento será de máis de 70.000€, financiados nun 70% pola Xunta e no 30% polo Concello. Prevese que rematen no mes de xuño.•