A Xunta garante as bonificacións no transporte interurbano para 2025

O conselleiro Diego Calvo anunciou a continuidade da redución do 20% no prezo do billete para aos usuarios da Tarxeta de Mobilidade de Galicia, aínda que o Goberno central non asuma o outro 30% como ata o de agora. Fotos GPXG.

A Xunta de Galicia confirmou que manterá as bonificacións autonómicas no transporte interurbano durante 2025, independentemente da decisión do Estado sobre os descontos compartidos que finalizan este ano. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou que o goberno galego asumirá o 20% do desconto que viña financiando, ademais doutras vantaxes propias, como a redución do 10% nas tarifas en efectivo, descontos do 15% para usuarios recorrentes e transbordos gratuítos nas áreas metropolitanas.
Ademais, lembrou que a Xunta está a traballar na futura Área de Transportes de Galicia, que integrará as actuais áreas metropolitanas, permitindo transbordos gratuítos en todas as viaxes realizadas dentro da comunidade autónoma.
Nun acto celebrado na Coruña, Calvo destacou tamén a ampliación da Tarxeta Xente Nova e da Tarifa +65, medidas pioneiras que permitirán aos menores de 21 anos e ás persoas maiores de 65 realizar ata 60 viaxes gratuítas ao mes no transporte interurbano, marítimo e ferroviario. O orzamento destas iniciativas ascenderá a 17 millóns de euros no próximo ano.
Desde a súa creación en 2016, a Tarxeta Xente Nova beneficiou a preto de 127.000 mozos, que realizaron máis de 4,8 millóns de viaxes gratuítas só nos nove primeiros meses de 2024. No caso da Tarifa +65, que entrou en vigor este ano, xa conta con máis de 105.000 usuarios que realizaron 2,44 millóns de desprazamentos sen custo ata setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Renfe recupera a conexión directa en tren Lugo-Monforte-Ourense-Madrid

Seguinte Nova

O Goberno de España financiará a renovación completa da rede de abastecemento da cidade cun investimento de 10 millóns de euros

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss