A Xunta impulsa investimentos clave en Monforte de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, logo da reunión da comisión territorial de coordinación en Monforte. Foto GPXG.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou hoxe en Monforte de Lemos os recentes investimentos realizados polo Goberno galego no sur da provincia. Durante a reunión da Comisión Territorial de Coordinación, Arias destacou os máis de 2 millóns de euros destinados este ano ao Hospital comarcal para obras no laboratorio de Microbioloxía, na área de Cardioloxía e na licitación de Pneumoloxía e Dixestivo, ademais do Plan Director, con 1,4 millóns asignados para 2025.
No ámbito das infraestruturas, Javier Arias anunciou a finalización dos traballos de intervención na estrada LU-933, que mellora a seguridade e a comodidade viaria, cun investimento de 52.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Roberto Castro asume a Alcaldía de Ribas de Sil

Seguinte Nova

O PP de Monforte pide un plan municipal contra as inundacións

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss