Abren as axudas para adquirir cans protectores e outras medidas preventivas fronte aos ataques de lobo, oso e xabaril

Dende a Xunta reiteran a necesidade de que o Goberno central rectifique a súa decisión de incluír o lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial. Foto ENVATO.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou a apertura dunha nova liña de axudas dotada con 1,54 millóns de euros para gandeiros. Estas medidas buscan previr ataques de lobo, oso e xabaril mediante a adquisición de cans protectores, pastores eléctricos e valados de malla electrificada.
Os interesados dispoñen dun mes para presentar solicitudes, con axudas de ata 300 euros por can e 200 euros por mantemento, cun límite de tres exemplares por explotación. Para os pastores eléctricos, as contías máximas son de 600 euros por explotación e 800 euros para mallas electrificadas. A convocatoria está aberta a propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino rexistrados no REGA.
A maiores, Vázquez anunciou que proximamente abriranse novas liñas de apoio para valados fixos e contratación de persoal coidador, sumando un total de 2,52 millóns de euros en 2025. Así mesmo, destinaranse 3,05 millóns para compensar os danos ocasionados pola fauna silvestre, cunha partida específica de 910.000 euros para o lobo.
A conselleira reiterou a oposición da Xunta á inclusión do lobo na Listaxe de Especies en Réxime de Protección Especial (Lesrpe), argumentando que a poboación desta especie en Galicia mantense estable, con 93 mandas censadas. Desde a súa inclusión na Lesrpe en 2021, os ataques aumentaron de 1.204 a 2.074 en 2024, segundo datos provisionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para solicitar o Kit Dixital para medianas empresas

Seguinte Nova

Mercadillo Solidario de Nadal

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss