Axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas

Os interesados disporán de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro de 2025 para presentar a súas solicitudes. Foto Envato.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 12 de decembro a orde da Consellería do Medio Rural que establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos na elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e convoca a súa solicitude para o exercicio orzamentario de 2025.
Este programa de axudas anual destina un total de 11.400.000 euros, que se executarán entre os anos 2025 e 2027. As solicitudes estarán abertas dende mañá, 13 de decembro, ata o 31 de xaneiro de 2025, dando a oportunidade ás empresas e entidades do sector vitivinícola galego de acceder a financiamento para mellorar os seus procesos e adaptarse ás novas demandas do mercado.
As axudas teñen como obxectivo mellorar o rendemento global das empresas vitivinícolas galegas, promovendo a súa competitividade e sustentabilidade. Poden beneficiarse desta convocatoria as adegas, organizacións de produtores vitivinícolas, asociacións de produtores e organizacións interprofesionais do sector.
Un dos principais obxectivos destas subvencións é fomentar a agrupación das primeiras etapas da cadea alimentaria, así como a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario. Ademais, promóvese a adopción de procesos sustentables, como o aforro enerxético, a eficiencia global e o uso de enerxías renovables, así como a valorización e tratamento de residuos.
A convocatoria tamén busca impulsar a innovación e a implantación de novos produtos e presentacións, fomentar a certificación ambiental das instalacións vitivinícolas e promover a produción ecolóxica, así como os produtos acollidos a réximes de calidade. Tamén se apoiarán investimentos en comercialización e a introdución de tecnoloxías dixitais nas empresas do sector.
A través destas axudas, poderán financiarse custos de construción, mellora ou adquisición de bens inmobles, compra de nova maquinaria e equipos, e gastos administrativos, entre outras opcións, sempre que os custos subvencionables non superen o 4% do total da operación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Domingo en Familia este Nadal con Méndez-Rojo en Vía Romana

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo abre o prazo para o programa Lugo Termal 2025, con 1.750 prazas dispoñibles

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss