O XV Concurso de Tapas da Guimaralia, celebrado do 29 de novembro ao 5 de decembro na Pobra do Brollón, concluíu cunha excelente resposta do público, que consumiu case 2.000 pinchos nos seis locais participantes. As tapas gañadoras foron elixidas por votación popular, con 205 tarxetas válidas. A primeira posición foi para “’Nadie a leva’ con patacas do Agro” do Primeiro de Maio, seguida de “Solombo no souto dos Gandarós” da Salanova, e “Solombo en salsa de queixo azul con verduras e redución de Val do Frade” do Avenida. Entre todas as persoas participantes na votación, sortearase unha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón.•