Chantada promove actividades infantís para favorecer a conciliación no Nadal

A Concellería de Igualdade de Chantada organiza unha ampla programación infantil para este Nadal, buscando facilitar a conciliación das familias durante as festas. Entre as principais propostas están os Campamentos de Nadal, que se realizarán no Pavillón Municipal do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, en horario de 10:00h a 14:00h. Para quen precise, ofrecerase o Servizo de Madrugadores de 8:00h a 10:00h. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá actividade.
Na Casa da Cultura, os obradoiros creativos para maiores de 8 anos impartidos por Velaísca celebraranse os días 23, 27 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, de 12:00h a 13:30h. Ademais, como novidade, este ano haberá obradoiros vespertinos para cativos de 5 a 7 anos os días 26 de decembro e 3 de xaneiro, de 17:00h a 18:30h. Para maiores de 7 anos, serán de 18:30h a 20:00h.
As inscricións, que deben realizarse na Casa da Cultura teñen prazas limitadas a 25 participantes nos obradoiros, cubríndose por orde de solicitude. Tamén haberá con actividades no Auditorio Municipal e na Biblioteca, que se desenvolverán entre o 20 de decembro e o 2 de xaneiro.
O día grande será o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis, que comezará ás 18:30h. Ao rematle, as Súas Maxestades recibirán aos nenos no Auditorio, onde haberá unha chocolatada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novo obradoiro dual de emprego na comarca

Seguinte Nova

A Casa da Cultura expón obras do Programa de Pintura

Últimas noticias sobre LECER

Ir aInicio

Don't Miss