Luar na lubre presenta o seu traballo «Luar Na Lubre XX. Encrucillada» como antesala do seu 40 aniversario

Foto: Luar Na Lubre

Luar Na Lubre elixiu Lugo para iniciar a xira de 2025, un percorrido especial que serve de preludio ao seu 40 aniversario en 2026. A banda galega presentará o venres 10 de xaneiro no Auditorio Gustavo Freire o seu traballo número 20, ‘Luar Na Lubre XX. Encrucillada’, un libro-disco que compila temas emblemáticos reinterpretados e recolle unha cronoloxía fotográfica e literaria da súa traxectoria. ‘Encrucillada’ inclúe testemuños de máis de 60 figuras da música, literatura e xornalismo, ademais de novas versións de cancións que marcaron a historia do grupo. Este proxecto, que será o último editado en formato físico, celebra o legado de Luar Na Lubre, que acadou dous Discos de Ouro, nove Premios da Música e levou o folk galego por máis de 50 países.


Formado na Coruña en 1986, o grupo está composto por Bieito Romero, Cristina López, Nuria Naya e outros recoñecidos músicos que manteñen viva a música tradicional galega con toques de modernidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte volverá a ser final de etapa da Vuelta Ciclista a España

Seguinte Nova

Novo obradoiro dual de emprego na comarca

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss