Monforte impulsa dous obradoiros interxeracionais para Nadal

O Concello de Monforte de Lemos abriu o prazo de inscrición para dous obradoiros interxeracionais que se celebraran no marco do Programa Activa 2024-2025. Estas actividades, dirixidas a avós e netos empadroados no municipio, buscan reforzar os vínculos familiares e fomentar a aprendizaxe compartida entre xeracións, ofrecendo unha proposta gratuíta para fomentar a participación cidadá e o enriquecemento mutuo.
O primeiro deles, o Obradoiro interxeracional AV@S 3.0, terá lugar os días 23 e 26 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas, na planta baixa do Centro Cívico Social. Esta actividade persegue un dobre obxectivo: fortalecer as relacións entre avós e netos e contribuír á alfabetización dixital das persoas maiores grazas aos coñecementos dos máis novos. Os participantes aprenderán a empregar ferramentas como o correo electrónico, os buscadores ou o tratamento de fotografías, imprescindibles para comunicarse e interactuar na actualidade. Este obradoiro está dirixido a avós e avoas con netos de entre 8 e 16 anos e conta cun límite de oito prazas dobres. Ademais de promover as habilidades tecnolóxicas nos maiores, foméntase tamén nos rapaces hábitos de responsabilidade e implicación.
A segunda proposta é o Obradoiro interxeracional de manualidades navideñas, que se celebrará o 23 de decembro, no mesmo horario, na segunda planta do Centro Cívico Social. Esta actividade está enfocada na creación de decoracións típicas destas datas, fomentando o traballo en equipo e a cooperación entre as diferentes xeracións. Está dirixida a avós e netos de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, sendo tamén gratuíta e contando cun límite de oito prazas dobres.
Para participar, é necesario cumprir determinados requisitos, como estar empadroado no Concello de Monforte e acreditar a relación de parentesco en segundo grao entre avós e netos. Ademais, no caso do Obradoiro AV@S 3.0, requírese dispor dun teléfono móbil con sistema Android.
Con estas iniciativas, o Executivo local busca non só ofrecer opcións de lecer, senón tamén promover a inclusión dixital e fortalecer os lazos comunitarios, reafirmando o compromiso co benestar e a calidade de vida dos seus veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta colabora no acondicionamento da Alameda de Sober cunha nova pérgola

Seguinte Nova

Os premios Son Muller recoñecen o talento feminino

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss