Monforte volverá a ser final de etapa da Vuelta Ciclista a España

De Piemonte, aos pés das montañas e cos Alpes como pano de fondo, partirá A Volta 25, unha edición especial na que se celebra o 90 aniversario da carreira. . Foto LV.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto á tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, anunciou que a cidade será un dos finais de etapa da “Vuelta Ciclista a España” no ano 2025.
O anuncio, que chega logo de varias reunións con responsables da organización, confirma a continuidade de Monforte como un dos puntos clave da xira ciclista máis importante do país.
José Tomé Roca adiantou que o percorrido da etapa que rematará en Monforte será moi semellante ao de 2021, unha ruta xa revisada polos técnicos de La Vuelta, liderados polo exciclista Fernando Escartín. O rexedor subliñou que se trata dunha “etapa longa e dura, que no ciclismo se coñece como ‘rompe pernas’ debido ás continuas subidas e baixadas”, que porán a proba as forzas dos corredores cando xa teñan percorridas as tres cuartas partes da carreira.
O acordo que permite a Monforte de Lemos acoller por segunda vez unha final de etapa da “Vuelta” foi alcanzado entre o director xeral do evento, Javier Guillén, e o propio alcalde Tomé Roca, logo de varias xuntanzas para definir os termos do evento. O alcalde tamén destacou que, como parte deste acordo, Guillén realizará unha visita de cortesía á cidade antes de final de ano, un xesto que reflicte a boa relación persoal entre ambos.
Tomé destacou a importancia de “La Vuelta” para a promoción de Monforte e a súa comarca, sobre todo polo impacto mediático que xera. As retransmisións televisivas en directo das finais de etapa, visibles para millóns de persoas en todo o mundo, supoñen unha excelente oportunidade para dar a coñecer os monumentos e paisaxes da cidade. Segundo o alcalde, esta exposición internacional será clave para atraer turistas e promover a cidade como destino singular.
Monforte tamén se beneficiará economicamente da celebración de “La Vuelta”, xa que este tipo de eventos deportivos teñen un alto retorno para os sectores do turismo, comercio e hostalería. O alcalde subliñou que a cita servirá para pechar o verán de xeito positivo, especialmente para o sector hoteleiro e de restauración, que se verá reforzado pola chegada de moitos visitantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Mercado de Nadal e os concertos na rúa, entre as propostas máis destacadas do programa do Nadal de Monforte

Seguinte Nova

Luar na lubre presenta o seu traballo «Luar Na Lubre XX. Encrucillada» como antesala do seu 40 aniversario

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss