O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na inauguración dun novo obradoiro de emprego de xardinería, que se desenvolverá durante nove meses en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón. A iniciativa, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 412.000 euros, toma o relevo do taller do ano anterior.
O obradoiro ofrecerá formación teórica e práctica a 20 persoas, que poderán acreditar a súa cualificación cun certificado profesional.
Durante a actividade, os alumnos traballarán no mantemento de xardíns, áreas verdes e rutas de sendeirismo nos tres concellos. Arias destacou o valor destes talleres como unha ferramenta de fomento do emprego e mellora das infraestruturas municipais.•