O Concello de Quiroga organizará os días 28 e 29 de decembro a súa primeira Feira de Nadal na Praza España, cun total de 13 postos que representarán ao comercio local e ao sector da artesanía. O espazo expositivo estará aberto ao público en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Entre os postos participantes estarán Nadira, Etna, Xobel, Libraría Celia, Adega EDV, Aruba, Eryn, Aramel, Silvia, Caurelor, Riomao Estudio Creativo, Trapalladas Artesanía e Armaior, que ofrecerán productos variados como roupa, calzado, libros, viños, marmeladas, mel, filloas e artigos de artesanía de todo tipo.
Ademais das compras, a feira contará con actividades paralelas para os máis pequenos. O sábado 28 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas, realizarase un obradoiro de pintura en madeira para decorar o Nadal, e o domingo 29, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar un obradoiro de pulseiras de coiro personalizadas. O Apalpador tamén visitará a feira o sábado para contar contos ás familias e animar aos nenos e nenas. A música correrá a cargo da charanga Benofán, que fará pasarrúas o domingo 29. Esta primeira edición da Feira de Nadal está financiada polo Centrad, que achega 5.000 euros para a súa realización.•