O túnel de Montefurado, exemplo da enxeñaría romana, protagoniza unha visita guiada

Unha visita guiada ao túnel de Montefurado mostrou as melloras na contorna e o seu valor histórico único. Foto RTMQ.

O pasado sábado celebrouse en Montefurado, unha visita comentada ao túnel romano, organizada pola Xunta de Galicia. O arqueólogo Luís Francisco López González foi o encargado de guiar aos asistentes pola contorna deste enclave histórico, que destaca polo seu valor arqueolóxico e paisaxístico.
A actividade enmárcase no programa de actuacións do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e contou cunha boa participación de público. Durante a visita, explicouse a relevancia do túnel, construído na época romana para desviar o caudal do río Sil e facilitar a extracción de ouro. É unha das mostras máis destacadas de enxeñería mineira romana no noroeste peninsular, conserva 52 metros dos 120 orixinais, xa que sufríu diversos derrubamentos ao longo dos séculos.
Nos últimos meses, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude levou a cabo obras de mellora no acceso e miradoiro do túnel, cun investimento de preto de 17.000 €. Estas actuacións incluíron a reparación das varandas, a regularización do terreo e a sinalización de espazos como o aparcadoiro e o inicio do sendeiro. No miradoiro instalouse unha varanda máis próxima ao cantil, que permite unha mellor perspectiva do túnel.
O acondicionamento realizouse baixo a supervisión de técnicos da Xunta de Galicia e do propio arqueólogo Luís Francisco López, quen destacou a importancia de preservar este patrimonio único, integrado na paisaxe da Ribeira Sacra e recoñecido como Ben de Interese Cultural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Casa da Cultura expón obras do Programa de Pintura

Seguinte Nova

O Concello de Quiroga organiza a súa primeira Feira de Nadal

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss