Presentouse «Diario de Lugo, 1936», unha obra que narra o golpe de estado desde a perspectiva de Ben-Cho-Shey

O libro recolle a crónica xornalística de Xosé Ramón Fernández-Oxea sobre o primeiro mes do golpe de estado. Foto GPAPB.

O pasado mércores 18 de decembro presentouse na Pobra do Brollón o libro Diario de Lugo, 1936, que recolle a crónica xornalística de Xosé Ramón Fernández-Oxea sobre o primeiro mes do golpe de estado. A presentación tivo lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, a cargo de Xoán Ramiro Cuba e Brais García Fernández, membros do equipo de investigación.
Este texto inédito foi publicado en novembro pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A obra narra os sucesos daquel xullo de 1936 con lucidez, a través das vivencias do propio Ben-Cho-Shey, inspector de primeira ensinanza en Lugo e responsable do Partido Galeguista, durante aqueles días de gran tensión e perigo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cerca de 2.000 pinchos vendidos no XV Concurso de Tapas da Guimaralia

Seguinte Nova

Novo obradoiro de emprego de xardinería en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio

Don't Miss