Segredos de Pantón convoca o IV Certame Fotográfico de Nadal con premios para as mellores instantáneas

As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo. Foto Arquivo..

A Asociación Cultural Segredos de Pantón organiza, por sexto ano consecutivo, o certame fotográfico Nadal 2024, convidando a todos os apaixonados pola fotografía a capturar as paisaxes outonais e invernais do concello.
O concurso está aberto a calquera persoa que queira participar, incluíndo menores de idade, sempre que presenten a autorización dos seus titores legais. Cada concursante poderá enviar unha única imaxe en cor, que deberá ser orixinal e non premiada en outros certames. Non se admitirán fotografías manipuladas ou montaxes.
As fotos, que deberán reflexar paisaxes de Pantón, deberán ser enviadas antes do 31 de decembro de 2024 a través de correo electrónico ou WhatsApp, detallando o nome da fotografía e a súa localización.
O xurado estará composto pola cidadanía, que votará a través dunha plataforma en liña. Os tres primeiros premiados recibirán fantásticos agasallos, entre eles estancias en aloxamentos locais, actividades de lecer, viños e produtos típicos da Ribeira Sacra.
O certame finaliza coa votación o 6 de xaneiro de 2025. A Asociación Cultural Segredos de Pantón anima á participación, que reforza a relación entre a cultura local e os habitantes de Pantón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello organiza os tradicionais concursos de beléns e postais de Nadal

Seguinte Nova

Sober revalida a Q de Calidade e obtén a certificación S de sustentabilidade para os seus miradoiros

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss