Sober revalida a Q de Calidade e obtén a certificación S de sustentabilidade para os seus miradoiros

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “seguirase na procura da mellora das infraestruturas, a eficiencia enerxética e a promoción dun turismo inclusivoa. Foto GPCS.

O Concello de Sober vén de recibir novamente a Q de Calidade como Espazo Público Singular, recoñecemento que, ademais, se acompaña da certificación S de sustentabilidade, convertendo os seus miradoiros no único espazo público en Galicia en contar con esta distinción.
Desde 2020, os miradoiros do Canón do Sil foron recoñecidos coa Q de Calidade, sendo o único espazo público de toda a Ribeira Sacra en conseguir este selo. A Rede de Miradoiros de Sober, que inclúe dez miradoiros públicos, segue sendo un referente en turismo responsable, con proxectos enfocados na conservación da paisaxe e no desenvolvemento económico local. O Concello continúa mellorando as infraestruturas e apostando pola eficiencia enerxética e o turismo inclusivo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Segredos de Pantón convoca o IV Certame Fotográfico de Nadal con premios para as mellores instantáneas

Seguinte Nova

Sober dá comezo ao seu Nadal cun programa de actividades para todas as idades

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss