Óscar Ibáñez celebra 20 anos de carreira artística en Quiroga

O Auditorio Municipal acollerá este domingo un concerto único coa banda Óscar Ibáñez & Tribo

O Auditorio Municipal de Quiroga será escenario este domingo, 19 de xaneiro, dun concerto especial do recoñecido gaiteiro e flautista Óscar Ibáñez, que celebrará o 20 aniversario da súa traxectoria artística. O espectáculo, titulado TRIBAL XX, reúne novas creacións e pezas destacadas dos seus traballos discográficos, nunha viaxe sonora marcada pola orixinalidade e a imaxinación, onde a sonoridade celta é protagonista.

Acompañado pola súa banda, Óscar Ibáñez & Tribo, o músico combina melodías tradicionais galegas con influencias doutros xéneros europeos e americanos, enriquecendo cada peza con variacións modernas e unha linguaxe actual. A formación inclúe recoñecidos artistas como Suso Iglesias no acordeón, Paula Gómez no violín, Xosé Liz ao bouzouki, Paco Dicenta no baixo, Leandro Deltell en batería e percusión, Teresa Gómez na zanfona e Carla Villanueva no xilófono, ademais de 6 gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son.

Óscar Ibáñez & Tribo ten actuado en máis de 250 concertos por Europa e participado nos principais festivais internacionais de música folk, sendo esta unha oportunidade única para desfrutar dunha proposta dinámica e enérxica.

Organizado polo Concello de Quiroga e patrocinado pola Xunta de Galicia, o concerto, con entrada de balde, dará comezo ás seis da tarde no Auditorio Municipal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Irmandade Cultural País do Faro presenta o Tomo IX de Alicerces. Revista de estudos do Miño medio

Seguinte Nova

A Xunta publica unha orde única con máis de 40 millóns de euros en axudas para autónomos

Ir aInicio

Don't Miss