A Xunta reforza o apoio ás startups galegas cunha nova convocatoria de axudas

Trátase dunha liña de apoios que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano para impulsar iniciativas empresariais emerxentes de carácter innovador e tecnolóxico. Foto ENVATO.

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, publicará o 17 de xaneiro unha nova convocatoria de axudas para startups. Esta liña, que repite por segundo ano, contará cun orzamento de 1,5 millóns de euros, destinado a financiar o 100 % dos gastos ou investimentos de proxectos innovadores en fase de lanzamento ou consolidación. As achegas, por concorrencia non competitiva, oscilarán entre os 10.000 e os 20.000 euros.
En Galicia existen actualmente 311 startups, que empregan 2.662 persoas e facturan máis de 241,2 millóns de euros, segundo o informe nacional “Empresas Tech e Innovadoras”. As cidades de Vigo, A Coruña e Santiago concentran o maior número de iniciativas, seguidas de Lugo, Nigrán e Pontevedra. Os sectores predominantes son biotecnoloxía, saúde, software, turismo e enerxías renovables, entre outros.
Ademais das axudas, as startups contan co apoio da rede de aceleradoras da Xunta, que recibirá este ano un investimento de 7 millóns de euros. A rede, composta por iniciativas como BFAuto, BFFood e Climatech, vai ampliarse con tres novas aceleradoras enfocadas na saúde, o deporte e as enerxías renovables. Ata o momento, este ecosistema innovador apoiou máis de 830 proxectos e impulsou 1.400 postos de traballo cualificados en Galicia.
A través do Igape, a Xunta quere dar maior pulo ao emprendemento innovador.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta publica unha orde única con máis de 40 millóns de euros en axudas para autónomos

Seguinte Nova

«Imaxes», de Isabel Vázquez

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss