
O viaduto reconstruído da A6 volve estar operativo tras meses de traballos que garantiron a seguridade dos usuarios. Na inauguración, celebrada esta mañá, realizouse un percorrido polo viaduto intermedio e unha presentación técnica nunha carpa habilitada, onde se proxectou un vídeo sobre a intervención realizada.
José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, subliñou que “o Goberno cumpre con Galicia, asegurándose de que as obras se executen con todas as garantías”. Tamén criticou a falta de dilixencia da Xunta na estrada do Courel, destacando que “mentres o Goberno de España actúa con eficacia, a Xunta permanece paralizada”.
Besteiro lembrou que as principais infraestruturas galegas levan a firma de gobernos socialistas, citando exemplos como o AVE, as bonificacións na AP9 ou a modernización do tren entre Lugo e Ourense. Ademais, destacou que a estación intermodal de Lugo xa está en marcha e garantiu o compromiso do PSdeG con novos investimentos.•