Bóveda estrea dúas novas casas do maior con atención gratuíta

Servizos pioneiros para o coidado diúrno de persoas maiores no municipio

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do alcalde, José Manuel Arias, visitou as dúas casas do maior Foto GPXG..

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as dúas novas casas do maior recentemente abertas no concello de Bóveda. Acompañado polo alcalde, José Manuel Arias, percorreu as instalacións situadas no núcleo urbano de Bóveda e na parroquia de San Fiz. Estes recursos ofrecen atención diúrna gratuíta a unha decena de veciños, facilitando a conciliación familiar nas áreas rurais.
Acevedo subliñou que estas casas constitúen un recurso esencial para garantir o benestar e o envellecemento activo da poboación maior en zonas despoboadas.
Esta iniciativa forma parte da aposta da Xunta de Galicia por achegar servizos de proximidade ás áreas rurais.
As casas do maior de Bóveda súmanse ás seis xa existentes en Terra de Lemos, incluíndo tres no Saviñao e unha en Sober, inaugurada recentemente. En Galicia, hai máis de 140 casas do maior en funcionamento, reforzando unha rede que facilita o coidado e atención das persoas maiores en toda a comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os senadores lucenses do PP critican dende Rubián a falta de avances no AVE para Lugo

Seguinte Nova

Bóveda celebra unha nova rolda de Slam Poetry

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss